cmat_lanza_programa_formativo_para_mejorar_la_gestion_promocion_servicios_turisticos_costa_da_morte_1642523245

CMAT lanza un plan formativo gratuito en aloxamentos e hostalería

É financiado pola Deputación da Coruña e está dirixido a persoas desempregadas

Costa da Morte Asociación Turística organiza no mes de febreiro un programa financiado pola Deputación da Coruña para formar desempregados en cociña, restauración e aloxamentos que atenda as necesidades de persoal do sector.

A presidenta da CMAT destaca que a iniciativa “servirá para que as empresas turísticas do xeodestino melloren o seu posicionamento e as competencias dos seus profesionais”

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) lanza un programa de formación gratuito denominado Mellora na xestión e promoción de servizos turísticos da Costa da Morte dirixido a traballadores censados nalgún dos 17 concellos do xeodestino en situación de desemprego ou afectados por un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE). A iniciativa, financiada pola Deputación da Coruña, desenvólvese de xeito presencial no Fórum de Carballo na última semana de xaneiro e no mes de febreiro de 2022. “Este plan formativo diseñouse e pónse en marcha para axudar ao noso xeodestino turístico e ás súas empresas a mellorar tanto o seu posicionamento como as competencias dos seus profesionais”, destaca Mónica Rodríguez, presidenta da CMAT e alcaldesa do Concello de Vimianzo, quen lembra que “a formación dos traballadores no sector turístico é fundamental para ofrecer un turismo de calidade, de excelencia”.

O programa formativo organizado pola CMAT, que comeza agora nunha primeira fase de 105 horas e que terá continuidade ao longo do ano, inclúe tres cursos: Axudante de cociña, Servizo de bar e restaurante e Técnicas de procedementos de limpeza en aloxamentos turísticos. Os interesados en inscribirse _haberá vinte prazas por especialidade_ deberán estar empadroados nalgún dos 17 concellos da Costa da Morte (Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas).

A presidenta da CMAT explica que a asociación que preside, tras contactar e coñecer as necesidades do ecosistema turístico, “tomou nota e púsoxe a traballar no deseño, organización e lanzamento deste plan formativo que agora inicia o seu percorrido”. “Tivemos constancia de que faltaba persoal cualificado como axudantes de cociña ou no servizo de hostelería e de aloxamentos turísticos”, indica Mónica Rodríguez, quen sinala que “así cubrimos o oco que faltaba na formación dos nosos futuros traballadores ao tempo que incentivamos a contratación de persoal da Costa da Morte”.

PROGRAMA FORMATIVO CMAT. Xaneiro/febreiro do 2022. Lugar: Fórum de Carballo.

  • Servizo en restaurantes e bares. 35 horas. Días 1, 2, 3, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de febreiro. De 17:00 a 20:30 horas.
  • Axudante de cociña. 40 horas. Días 2, 3, 4, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de febreiro de 16:30 a 20:30 horas.
  • Técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos. 30 horas. Días 10, 11, 14, 15, 16, 17, 18 e 21 de febreiro de 17:00 a 20:45.

Inscríbete no formulario.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 September, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 September, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.