Senda peonil ventoselo gontalde

O Concello de Zas destinará máis de 126.000€ para a creación da senda peonil entre Ventoselo e Gontalde

  • A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complementario ao POS+ 2026
  • O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca “o compromiso do Concello coa mellora das conexións e coa comodidade e a seguridade da veciñanza”

O Concello de Zas destinará máis de 126.000 euros para a creación dunha senda peonil entre os lugares de Ventoselo e Gontalde. Serán, en concreto 126.636 euros os que o Goberno local empregará nas obras pertinentes, a cuxo orzamento hai que engadir 3.288 euros procedentes da Deputación da Coruña.

A entidade provincial achegará un total de 701.152 euros ao desenvolvemento de proxectos na contorna de Zas que non estaban inicialmente incluídos no Plan Complementario ao POS+ 2026.

Máis da metade dese orzamento (389.976 euros) irá destinado á rehabilitación do aglomerado da estrada que conecta A Piolla con Brandomil, así como varios tramos de acceso a núcleos do Concello.

Outra gran proporción desta partida (158.896 euros) usarase para os regos asfálticos en Mira, Muíño, Lamas e Baio. Tamén recibirán investimento da Deputación coruñesa os ensaches das estradas que conectan Lamas e Vilachán (76.839 euros) e Romelle e As Edreiras (72.153 euros).

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca “o compromiso do Concello coa mellora das conexións entre os diferentes núcleos de poboación que o conforman e coa comodidade e a seguridade tanto das persoas que se desprazan en calquera vehículo como dos viandantes”, ao tempo que agradece “a colaboración da Deputación da Coruña no desenvolvemento de proxectos moi necesarios e demandados pola veciñanza”.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.