univesidade_senior_costa_da_morte_2022

Baio acolle unha nova edición da Universidade Sénior

O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 20 de febreiro 

 

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e o Concello de Zas, a 4ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e abril, no Centro Sociocultural de Baio. 

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/ )  ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellos ata o 20 de febreiro. 

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas: 

MÓDULO I: PATRIMONIO SOCIAL E CULTURAL 

  • “Língua e Literatura Galegas”. Prof. X. López Viñas. 23 de febreiro, de 17 a 19 h. 
  • “Camiños da Arte Contemporánea”. Prof. J. Ramón Soraluce Blond. 24 de febreiro, de 17 a 19 h. 
  • “Catro Etapas da Arquitectura Antiga de Galicia”. Prof. Álvaro J. Iglesias Maceiras. 2 de marzo, de 17 a 19 h.  
  • Visita cultural no entorno da Costa da Morte. 4 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas. 

 

MÓDULO II: MEDIO AMBIENTE E SUSTENTABILIDADE 

  • “Enxeñaría e Tecnoloxía Ambiental”. Prof. M. Soto Castiñeiras. 9 de marzo, de 17 a 19 h. 
  • “Agronomía do Mar”. Prof. J. Cremades Ugarte. 10 de marzo, de 17 a 19 h.  
  • “Agronomía Terrestre”. Prof. Federico Pomar Barbeito.  16 de marzo, de 17 a 19 h. 
  • Saída de campo no entorno da Costa da Morte. 18 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas. 

 

MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR 

  • “Viaxe cara un sono mellor”. Prof. C. de Labra Pinedo. 23 de marzo de 2022, de 17 a 19 h. 
  • “Coidamos no Fogar: Estratexias para Coidadores de Persoas Dependentes”. Prof. Ivan de Rosende Celeiro. 24 de marzo, de 17 a 19 h. 
  • “Educación para a Saúde: Exercicio Terapéutico”. Prof. Isabel Raposo Vidal.  30 de marzo, de 17 a 19 h. 
  • Sesión práctica de Exercicio Terapéutico. 1 de abril, de 10:30 a 13:30 h. 

 

O día 31 de marzo, a partir das 17 horas, terá lugar o Acto de clausura coa Conferencia “Cine e Creatividade para Seniors”, a cargo de Domingo D. Docampo e Manolo Gómez, e farase a entrega de diplomas aos participantes. 

 

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas de Costa da Morte, ca intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 Setembro, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
Logo concello de zas colorido

Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.