O mércores 25 de novembro o alumnado de infantil e de 1º de Primaria do CEIP Labarta Pose asistirá á sesión de monicreques de teatro de papel ‘Non hai cousas de neno e cousas de nena, só de persoas’. Será a partir das 10:00 horas no propio centro. Actividade financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.