O sábado 21 de novembro o Auditorio de Baio acollerá a sesión de narración oral ‘Rilo e Penadique. Asdomare’. Será a partir das 20:00horas. A actividade está organizada pola Deputación Provincial da Coruña, a través da Área de Igualdade, no marco do programa Circuíto en Igualdade.