Sinatura_convenio_colaboracion

Asinado o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para as obras de mellora da Avenida da Cacharosa

O proxecto, que conta cun orzamento de case 118.000 euros, permitirá renovar a rede de saneamento e de abastecemento de auga así como as beirarrúas

O deputado de Patrimonio e Contratación, Xesús Soto; e o Alcalde de Zas e deputado provincial, Manuel Muíño;, asinaron esta mañá na sede da Deputación da Coruña o convenio de colaboración para a primeira fase das obras de mellora da Avenida da Cacharosa, en Baio. Segundo se recolle no texto, a Deputación da Coruña cofinanciará o 80% do investimento – que ascende a 117.899,34 euros – mentas que o restante 20% asúmeos o Concello de Zas.

Xesús Soto e Manuel Muíño manifestaron a súa satisfacción por este novo acordo de colaboración que lle permite ao Concello de Zas continuar co seu plan de mellora das infraestruturas incrementando así a calidade dos servizos que se ofrecen á veciñanza.

Os traballos

O proxecto contempla a renovación da rede de saneamento e de abastecemento de augas polo marxe esquerdo da estrada (dirección A Coruña) así como a renovación das beirarrúas a ambos marxes da estrada AC-552 coa pertinente eliminación das barreiras arquitectónicas. Os traballos realizaranse concretamente entre os puntos quilométricos 57,600 (cruce de Baio Pequeno)  e 57,200 (cruce de Zas). Actualmente esta é unha zona que presenta importantes avarías debido á fluctuación das presións o cal require unha urxente intervención.

Nas próxima datas poñerase en marcha o proceso de licitación das obras para que as empresas interesadas poidan presentar as ofertas.  

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.