1Torres_do_Allo

As Torres do Allo pechan ao público ata o 31 de marzo

Ademais, como medida preventiva, o Concello de Zas cancela dende hoxe e ata novo aviso todas as actividades municipais
 

Co fin de garantir a saúde de toda a poboación e de contribuír ao freo da propagación do coronavirus, o Concello de Zas vén de adoptar unha nova medida que implica o peche ao público das Torres do Allo ata o 31 de marzo.

A veciñanza poderá seguir desfrutando do pazo máis antigo de Galicia a través da súa páxina web e das súas redes sociais onde atopará datos históricos e outra información de interese sobre o edificio e o seu contorno. 

O persoal encargado da xestión das Torres do Allo continuará traballando estes días na preparación das diferentes actividades encamiñadas á promoción do monumento e á súa posta en valor e que se retomarán que a situación volva á normalidade.

Outras medidas polo COVID19

Como anunciamos onte, o Concello de Zas cancela a partir de hoxe e ata novo aviso todas as actividades municipais entre as que se inclúen: ximnasia polas parroquias, ximnasia terapéutica/pilates, zumba, manualidades, bordado, calceta, tapicería, cestería, Escola de Teatro Infantil, Escola de Teatro para Adultos, Escola de Música Moderna, tiro con arco, fútbol (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete), patinaxe, taekondo, balonmán, judo, tenis de mesa, escolas deportivas así como todas as actividades extraescolares organizadas polo Concello de Zas, baile para maiores, programa de actividades “Zas pola Igualdade”, sesión de contacontos infantil do programa “Ratos nas bibliotecas”.

Ademais, destas medidas o Concello de Zas vén de publicar un novo paquete de medidas entre as que se inclúen:

  • Limitación a casa de urxencia e de extrema necesidade a atención ao público nas dependencias municipais. Para iso é necesario chamar previamente ao teléfono do Concello (981 70 83 03) ou no correo electrónico correo@concellodezas.org
  • Os trámites poderán realizarse a través da sede electrónica do Concello de Zas (https://sede.concellodezas.org/)
  • Suspensión de todas as actividades (cursos, obradoiros,…) que por parte das asociacións, agrupacións, veciños,… que se leven a cabo en edificios ou instalacións municipais
  • Suspensión da Feira de Baio e do mercado mensual de Zas

 

Recomendacións

Por outra parte, dende o Concello de Zas rogámoslle a toda a veciñanza que adopte as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias e recordamos que o número de teléfono de información á cidadanía sobre o COVID-19 é o 900 400 116.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.