Obras_Tanatorio_Zas_1

As obras do Tanatorio de Zas avanzan a bo ritmo

O Alcalde, Manuel Muíño, e o Tenente de Alcalde, Óscar Lema, puideron comprobar a boa marcha dos traballos que se prevé que rematen a principios do próximo verán

 

As obras de construción do Tanatorio Municipal de Zas avanzan a moi bo ritmo cando ainda non se cumpriron dous meses dende a adxudicación dos traballos.  O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, acompañado do Tenente de Alcalde, Óscar Lema, visitaron estes días o novo edificio que se está a construír nas inmediacións do Campo Municipal San Andrés.

O Concello de Zas construirá o tanatorio municipal cun orzamento de 454.484,94 euros que serán financiados na súa totalidade con fondos municipais sen a necesidade de recorrer a ningún tipo de subvención. O importe supón case o 10% do orzamento municipal para este ano. Se os traballos continúan como até o de agora, a empresa encargada da execución, Lires Cons S.L., prevé ter rematadas as obras a principios do próximo verán. As persoas que se acheguen estes días ata a zona xa se poden facer unha idea de como será o novo edificio xa que os seus cimentos están practicamente feitos.

O Tanatorio de Zas será un edificio pioneiro na comarca co que se dá luz verde a unha reiterada demanda veciñal. Terá unha soa planta, con máis de 330 metros cadrados útiles nos que se distribuirán dúas salas de velación completamente equipadas. En canto á xestión, o goberno municipal aprobou no Pleno do pasado mes de setembro o inicio do proceso de municipalización do servizo para que a actividade poida ser competencia do propio Concello de Zas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.