maio-mes-das-letras-concello-zas-2025

Arranca un completo “Maio, mes das letras” cunha ampla oferta cultural ata finais de mes

Presentación de libros, música, teatro, danza, contacontos son algunhas das actividades incluídas neste programa xunto co XVI Concurso de Marcapáxinas

Un ano máis, o Concello de Zas pon en marcha o programa cultural “Maio, mes das Letras” no que están incluídas propostas para todos os públicos, especialmente para a rapazada, que se desenvolverán ata finais de mes.

A programación arranca esta fin de semana coas diferentes presentacións literarias e outras actividades que se realizarán durante hoxe e mañá na Praza Jorge Mira, de Baio, coincidindo coas campaña comercial “Baio ten as Letras”. 

Animación á lectura

Os ratiños de Lonxedetodo volven este mes ás nosas bibliotecas municipais para contarnos historias moi divertidas e coas que animamos aos máis pequenos a adentrarse no mundo da lectura. Nesta ocasión traennos o seu espectáculo “Contos para andar o camiño”. Estas son as funcións:

  • Axencia de Lectura de Baio: Luns, 12 de maio, ás 18:00 horas.
  • Biblioteca Municipal de Zas: Martes, 13 de maio, ás 18:00 horas.

Música

O mércores, 14 de maio, levamos a música aos centros de ensino da man de Paco Nogueiras que nos ofrecerá o seu espectáculo “Brinca Vai!”.

  • CPI de Zas: 10:00 horas.
  • CEIP Labarta Pose: 12:45 horas

Uns días despois, o venres 16 de maio, “Garcia MC” ofreceranos un concerto dirixido ao alumnado da ESO e BACH. Será as 12:45 horas no IES Maximino Romero Lema.

Teatro

Durante todo o mes de maio continuará a VIII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose con funcións todos os sábados á noite. O 31 de maio realizaremos no Auditorio de Baio, as 18:00 horas, a entrega de premios deste certame nun acto no que tamén actuarán os membros da Escola de Teatro de Adultos do Concello de Zas. 

Danza

O proxecto Escora chega ao noso Concello o día 30 de maio con diversas actuacións encamiñadas a achegar a danza a todos os públicos.

  • 12:45 horas: Obradoiro D’Elas no IES Maximino Romero Lema.
  • 14:00 horas: Obradoiro D’Elas no CPI de Zas.
  • 18:30 horas: Roteiro polo río ata a Carballeira de Baio.
  • 20:00 horas: Espectáculo “Velaiquich amoorch” de D’Elas na Carballeira de Baio.

Homenaxe ás cantareiras

O sábado 24 de maio, rendirémoslle unha merecida homenaxe ás nosas cantareiras coa actuación dos grupos de baile e música tradicional da Asociación Churía. Será ás 18:00 horas no Auditorio de Zas.

XVI Concurso de Marcapáxinas

Unha das actividades estrelas do programa “Maio, mes das Letras” é o concuso de marcapáxinas que xa vai pola súa 16ª edición. Este ano, as Letras Galegas están adicadas á Poesía Popular Oral; personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Este será o tema central deste certame dirixido ao alumnado dos diferentes centros de ensino do noso municipio. Estas son as categorías:

  • Categoría A: Alumnado Educación Infantil
  • Categoría B: de 1º a 3º de Educación Primaria
  • Categoría C: de 4º a 6º ee Educación Primaria

Outorgaranse dous premios por categoría dotados cun lote de libros cada un. Terase en conta a calidade dos deseños, a imaxinación e a orixinalidade. Os traballos poden entregarse en calquera dos nosos Centros Socioculturais ata o 16 de maio de 2025.

Todos os marcapáxinas premiados utilizaranse na Biblioteca Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste ata o Día das Letras Galegas do ano 2026. As bases completas poden consultarse ao final desta nova. 

Maio mes das letras concello zas
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

29 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas informa da apertura do prazo de inscrición para a oitava edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Mo...
28 Xaneiro, 2026
A Real Academia Galega e o Concello de Zas presentarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, a obra ‘Toponimia de Zas’...
18 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun...
16 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio...
15 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas, a través da área de Cultura, inaugura este venres, 16 de xaneiro, unha nova exposición no Centro Sociocultural ...
14 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector ...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.