Presentacion-Ruta-Tapas1

Arranca “Baio ten as Letras”

Esta tarde presentouse na Praza Jorge Mira Pérez a ruta de tapas que se poderá realizar os días 9, 10 e 11 de maio en diferentes establecementos hostaleiros da vila con motivo da campaña “Baio ten as Letras”.

“Ponse en marcha unha campaña comercial consolidada no noso calendario que é un éxito edición tras edición”, sinalou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, durante o acto desta tarde. “Unha das novidades deste ano é que coorganizamos este evento xunto con BaiOn Asociación polo que, ao igual ca sempre, dende o Concello apoiamos este tipo de iniciativas para revitalizar o noso comercio”, indicou Muíño. 

Pola súa banda, representantes da BaiOn Asociación aseguraron “comezar con moita ilusión esta nova etapa” e animaron a vir estes días a Baio xa que haberá durantes os tres días unha ampla oferta de actividades culturais para todos os públicos ademais dos descontos nos comercios locais e da ruta gastronómica de pinchos.

Estes son os locais participantes na ruta gastronómica de tapas:

O Calvario

  • Albóndigas de tenreira con guarnición
  • Flan de caramelo con queixo

Casa Rogelio

  • Filloa rechea de langostino
  • Postres variados
  • Serranito Casa Roller (venres e domingo)
  • Salpicón “Costa da Morte” (sábado)

Bar Trébol

  • Fajita
  • Tosta de xamón asado e tomate
  • Tarta tres chocolates

Cervecería Río Grande

  • Solomillo de porco con champiñóns
  • Peituga de polo rechea
  • Postre sorpresa

Cervecería Mané

  • Carrilleras estofadas con puré
  • Gulas ó “ajillo” con gambas, xamón serrano e ovo

A Lareira

  • Magret de pato con froitos da Fraga (prato especial)

As tapas teñen un custo de 2,5€; 3,50€ unha tapa e un quinto; e 4€ a tapa e un viño entre os que se poderán elixir entre branco ou tinto seguindo as recomendacións de Distribucións Vilariño. As tapas serviranse nos diferentes establecementos de 12:00 a 16:00 horas e de 19:00 a 23:00 horas.

Presentacion Ruta Tapas1
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

29 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas informa da apertura do prazo de inscrición para a oitava edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Mo...
28 Xaneiro, 2026
A Real Academia Galega e o Concello de Zas presentarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, a obra ‘Toponimia de Zas’...
18 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun...
16 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio...
15 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas, a través da área de Cultura, inaugura este venres, 16 de xaneiro, unha nova exposición no Centro Sociocultural ...
14 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector ...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.