V Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose"

Aberto o prazo para participar na VIII Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Zas

Extracto de texto para amosar na entradilla da portada

Dende hoxe e ata o vindeiro 7 de abril está aberto o prazo para participar na oitava edición da Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” organizada polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura.

Unha das principais novidades deste ano é que o xurado outargaralle un premio especial “Centenario Labarta Pose” dotado con 500€ que se lle outorgará á mellor comedia en homenaxe a Labarta e tendo en conta que na súa obra está moi presente a comedia. Este recoñecemento fai que a cuantía total dos premios ascenda a 4.400€. 

Coma sempre, o Concello de Zas pretende a través deste certame fomentar o teatro afeccionado e o teatro feito en galego. Polo que poderán participar todas aquelas compañías e/ou grupos galegas de teatro afeccionado. Ao final desta nova poden consultarse as bases do certame e descargar os anexos a cubrir. Esta información tamén se pode consultar no Tablón de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/sxc/es/informacion/tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20250224143044394.html

Alí tamén se poden descargar as fichas de inscrición sendo o 7 de abril a data límite para tramitar a inscrición. Unha vez recibidos todos os traballos, un xurado formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius seleccionará as obras finalistas que se representarán os días 26 de abril, 3, 10, 17 e 24 de maio. O 31 de maio será a entrega de premios. As representacións serán no Auditorio de Zas e no de Baio. 

4.400€ en premios

Os premios repartiranse da seguinte maneira:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo

• Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo

• Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo

• Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo

  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo
  • PREMIO ESPECIAL CENTENARIO LABARTA POSE: 500€, trofeo e diploma acreditativo

O mellor actor e a mellor actriz desta sétima edición da mostra tamén recibirán cadanseu trofeo e diploma acreditativo.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.