Presentacion_Universidade_Senior

Aberto o prazo de inscrición na 2ª edición do programa de democratización do coñecemento na Costa da Morte

A inscrición, que é gratuíta, pode realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte ou presencialmente a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”, dende hoxe ata o 24 de marzo

 

Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, presentou este mediodía no Centro Sociocultural de Baio unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, realizado en colaboración có GDR “Costa da Morte”, que se desenvolverá nos meses de marzo a maio no Centro Sociocultural de Baio.

A inscrición, que é gratuíta, pode realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte ou presencialmente a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”, dende o 7 ata o 24 de marzo.

O programa aséntase sobre unha idea fundamental: a Sustentabilidade,  e consta de tres módulos, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán a través de sesións teóricas e sesións prácticas ou saídas de campo, as seguintes temáticas e calendario:

MÓDULO I. Sustentabilidade Social e Económica. 27 e 28 de marzo, e 3 e 4 de abril de 2019

  • Mércores 27 de marzo de 17 a 19 h. Economía. Prof. Juan Manuel Sánchez Quinzá
  • Xoves 28 de marzo de 17 a 19 h. Socioloxía. D. José Antonio Cortés Vázquez
  • Mércores 3 de abril de 17 a 19 h. Patrimonio e Sustentabilidade. Prof. Fernando Agrasar Quiroga.
  • Xoves, 4 de abril, de 10:30 a 13:30 horas. Patrimonio e Sustentabilidade. Visita a Muxía (Mosteiro de San Xulián de Moraime, Hórreo de Ozón, e Santuario da Virxe da Barca).

MÓDULO II. Sustentabilidade Ambiental. 10, 11, 24 e 25 de abril de 2019

  • Mércores 10 de abril de 17 a 19 h. Sustentabilidade Ambiental Prof. Jorge Delgado Martín.
  • Mércores 24 de abril de 17 a 19 h. Educación para a Sustentabilidade. Pegada Ecoloxica e Hídrica. Prof. Pedro Vega Marcote.
  • Xoves 25 de abril. Novos materiais sostibles. Prof. Fernando Martinez Abella.
  • Xoves 11 de abril de 10. 30 a 13.30 h. Sustentabilidade Ambiental. Visita a Caolines de Vimianzo.

MÓDULO III. Saúde e Benestar. 15, 16, 22 e 23 de maio de 2019

  • Mércores 15 de maio de 17 a 19 h. Educación para unha alimentación e nutrición saudable e sostible. Prof. Francisco Pita Gutiérrez.
  • Xoves 16 de maio de 17 a 19 h. Actividade Física e Ergonomía. Prof. Isabel Raposo Vidal.
  • Mércores 22 de maio de 17 a 19 h. Ferramentas para o control do estres. Prof. Jose Mª Rolón Varela.
  • Xoves 23 de maio, de 17 a 19. Ferramentas para o control do estres. Actividade práctica. Prof. Jose Mª Rolón Varela.

Unha vez rematadas as sesións, terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas que terá lugar o próximo 29 de maio no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Naútica e Máquinas da Universidade da Coruña.

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde o ano 2001, nos campus da Coruña e Ferrol, nos que preto dun milleiro de alumnos e alumnas cursan estudios na Universidade Sénior.

Os encargados de presentar o programa foron: Manuel Muíño Espasandín, presidente do GDR “Costa da Morte” e Alcalde de Zas; Nancy Vázquez Veiga, Vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Educativa da Universidade da Coruña; Matilde García Sánchez, Directora da Universidade Sénior da Universidade da Coruña; Dolores Pena Pena, presidenta de AFIPRODEL.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.