ruta_da_auga

A Ruta da Auga convértese nun roteiro de sendeirismo homologado

A Federación Galega de Montañismo certificou o itinerario co número PR-G 250

 

A Ruta da Auga de Zas figura entre a listaxe de sendeiros de pequeno percorrido galegos baixo a denominación PR-G 250. Tras varios meses de trámites, a Federación Galega de Montañismo vén de certificar o itinerario con esta figura que garante uns requisitos calidade e coa que se suma á rede de sendeiros homologados da comunidade.

Esta é unha ruta de 10 quilómetros de percorrido que discorre pola parroquia de Gándara e na que a auga é o fío conductor. Ademáis dunha gran cantidade de muíños, pontellas, cabazos, mámoas, castros e abellerizas tres fervenzas (Budían, Parga e Rabiñoso ) chaman a atención do visitante. A ruta discorre principalmente por camiños recuperados nos últimos anos polo Concello de Zas – tales como o “camiño dos cregos” – e por sendas de ribeira nos que se poden observar a riqueza da flora e fauna da zona.

Este é un percorrido circular de dificultade media que comeza e remata na ponte do Sisto. Os dez quilómetros da ruta están sinalizados con información facilitada pola veciñanza de Budián,  Parga e Vilar Ramilo que nos proporcionaron moitas das lendas e historias que gardan estes camiños. “A incorporación da Ruta da Auga como PR-G reforza aínda máis riqueza natural e o patrimonio da zona”, sinala Manuel Muíño – Alcalde de Zas – quen ademáis quixo agradecer o traballo e o esforzo dos técnicos municipais implicados na homologación da ruta así como da veciñanza e doutras persoas se sumaron para que esta iniciativa fose todo un éxito. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.