Bolboretas_A_Vinganza

A IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” continúa cunha comedia musical

Pinchacarneiro Teatro, de Noia, trae a súa obra “Bolboretas: A Vinganza” que comeza ás 21:30 horas no Auditorio de Baio

A IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” – organizada polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura – continúa mañá sábado, 30 de marzo, no Auditorio de Baio. Nesta ocasión será a quenda da comedia musical “Bolboretas: A Vinganza” na que o amor florece e escacha aleatoriamente. A función, que terá lugar ás 21:30 horas, está dirixida a maiores de 16 anos. Chegará da man da compañía Pinchacarneiro Teatro, de Noia, que xa participou na II edición deste certame e no acadou o 2º premio coa obra de teatro “L”.

“Bolboretas: A Vinganza”  é un carrusel de primeiras citas no que se retratan as caras menos idílicas do namoramento. As bolboretas serán as encargadas de tecer os fíos desa primeira chispa  e conseguirán (ou non) o romance das parellas.

Visita “Down Pontevedra Xuntos”

O público ten un papel moi importante nesta IV edición da Mostra de Teatro Afeccionado, xa que despois de cada función encargarase de valorar a obra de teatro e en función desas puntuacións outorgarase o Premio do Público.

A esta segunda función da mostra de teatro asisitirán tamén un grupo de 20 usuarios e usuarias de “Down Pontevedra Xuntos”; unha asociación de nais, pais e familiares con sede en Pontevedra e que traballa pola inclusión das persoas con Síndrome de Down. A súa estreita relación co teatro é un dos motivos que os trae esta fin de semana ao noso concello xa que moitos dos seus usuarios forman parte do grupo de teatro “Axouxere”.

A visita ao noso concello está integrada dentro do seu programa de ocio polo que durante a súa viaxe de dous días de duración aproveitarán para coñecer algúns dos espazos naturais e turísticos máis emblemáticos do noso municipio; tales como a Carballeira de Baio, as Torres do Allo, a Ponte de Brandomil ou a Arca da Piosa.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 Outubro, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.