carballeira

A Deputación da Coruña triplica nos últimos tres anos as axudas ás distintas asociacións e empresas do Concello de Zas

Dende o 2016 até a actualidade, 52 entidades do noso municipio recibiron un total de  505.274,30 euros fronte aos 141.894,38 euros dos recibidos entre os anos 2012-2015

 

O programa de subvencións e a liña de axudas PEL-Pemes e PEL-Emprende do Plan de Emprego Local (PEL) – ambos da Deputación da Coruña – deixaron dende o ano 2016 até a actualidade un total de 505.274,30 euros no Concello de Zas. Este importe repartiuse entre 52 asociacións, entidades deportivas e empresas do noso municipio nas que se engloban axudas para financiar o propio funcionamento das entidades ata a organización de todo tipo de actividades.

A Asociación Cultural Castro Meda, a Asociación Músico Cultural Xan Mella, a Asociación do Automóbil de Baio, a Asociación Cultural Adro, a Asociación de Veciños Tabeirón, a Comunidade de Usuarios para o Aproveitamento de Auga Potable da Vila de Zas, a Asociación Cultural e de Igualdade A Pita Cega así como os clubs deportivos, entre outras, son algunhas das entidades que se beneficiaron das subvencións maiores concedidas pola Deputación da Coruña no noso municipio nos últimos anos.

“Este tipo de axudas contribúen a fomentar a nosa cultura, o noso deporte, as nosas actividades económicas a través das distintas asociacións que traballan arreo durante todo ano e ao mesmo tempo axudan a proxectar o nome do Concello de Zas máis alá dos nosos lindes” manifesta Manuel Muíño Espasandín na súa condición de Alcalde de Zas e de Deputado Provincial.

As axudas recibidas polas diferentes entidades dende o ano 2016 ata a actualidade, coincidindo cun goberno do BNG na Deputación da Coruña, distan moito das recibidas entre os anos 2012-2015 co Partido Popular ao fronte do ente provincial. Así, durante o mandato de Diego Calvo as distintas entidades do noso municipio recibiron un total de 141.894,38 euros fronte aos 505.274,30 euros recibidos dende o 2016 até a actualidade.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.