programa_veran_2020_Torres_do_Allo

A actividade cultural volve ás Torres do Allo este verán

Estas son as actividades que se desenvolverán entre os meses de xullo e setembro

 

O Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, presenta o programa cultural das Torres do Allo deste verán, que está composto por seis actividades. Todas elas están adaptadas ás condicións sanitarias marcadas pola COVID-19, e están orientadas para todos os públicos. Este programa cultural está financiado pola Deputación da Coruña.

  • Volven as Visitas Teatralizadas coa compañía Os Quinquilláns Teatro, todos os domingos de xullo e agosto, ás 19:30.
  • Do 15 de xullo ao 30 de agosto é o período de participación no noso concurso fotográfico IV edición Enfoques do Allo.
  • O 31 de agosto celebrarase o Mercado de San Ramón, centrado na artesanía.
  • Continúan as ofertas diarias: Visitas Guiadas ás Torres do Allo, ás 13:00 e ás 17:00 (previa cita para grupos) e noso famoso Xogo de Pistas.
  • A exposición “A Brandomil Romana” que se extenderá ata finais de setembro, completa a nosa oferta. A información relativa á súa inauguración comunicarase en breve.

Todas as actividades son de balde.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 Setembro, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
Logo concello de zas colorido

Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.