entroido_zas_2022

O Entroido volve ás rúas do noso concello con actividades para toda a familia

O pavillón municipal de Zas acolle o 1 de marzo o tradicional concurso de disfraces con 1.750€ en premios

 

Xa está aquí o Entroido 2022 e no Concello de Zas acabamos de deseñar un programa con actividades para que toda a familia Saia ás rúas para desfrutar dunha das nosas festas máis típicas. Pasarrúas, desfiles, obradoiros infantís, concurso de disfraces e filloas á pedra forman parte da completa programación artellada polo departamento de Cultura do Concello de Zas e que detallamos a continuación:

  • Domingo, 20 de febreiro. Baio

– 11:30 horas: Pasarrúas e cantos de taberna co grupo Gaiteiros Desbrosadores e Nelson Quinteiro

  • Sábado, 26 de febreiro. Baio

– 17:30 horas: Desfile ancestral polas rúas de Baio cos grupos Gaiteiros Desbrosadores, Gaiteiros das Rías Baixas e colectivo Máis Cantos

– 18:30 horas: Serán de entroido na nova praza de Baio cos grupos do desfile e a dinamización do grupo Tabernarios Trío

  • Obradoiros infantís

– Domingo, 27 de febreiro (Torres do Allo). 16:00 horas. Obradorio de entroido para nenas e nenos de 4 a 12 anos

– Luns, 28 de febreiro (Centro Sociocultural de Zas). De 11:00 a 13:00 horas: Obradoiro de entroido para nenas e nenos de 4 a 12 anos

– Martes, 1 de marzo  (Centro Sociocultural de Baio). De 11:00 a 13:00 horas: Obradoiro de entroido para nenas e nenos de 4 a 12 anos

Para participar en calquera destes obradoiros é obrigatorio anotarse previamente no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056). 

  • Concurso de disfraces 

O martes de entroido, 1 de marzo, celebramos o tradicional concurso de disfraces no pavillón municipal de Zas.  A festa comeza ás 16:00 horas cun espectáculo de cabaré infantil e co reparto de filloas á pedra. E xa as 19:00 horas comezará o concurso de disfraces no que se repartirán 1.750€ en premios distribuidos nas seguintes categorías:

  • Categoría A (de 0 a 5 anos)

– 1º premio: 150€

– 2º premio: 75€

  • 3º premio: 50€
  • Categoría B (de 6 a 14 anos)

– 1º premio: 150€

– 2º premio: 75€

  • 3º premio: 50€
  • Categoría C (maiores de 15 anos)

– 1º premio: 250€

– 2º premio: 150€

  • 3º premio: 100€
  • Grupos e comparsas

– 1º premio: 300€

– 2º premio: 200€

  • 3º premio: 100€
  • Premio especial “Zaschoqueiro”: 100€ (no que se valorará a peculiaridade e a orixinalidade do disfraz que debe ser artesanal)

Para participar no concurso de disfraces é necesario anotarse previamente nas dependencias municipiais ou o propio día do certame antes das 18:00 horas no pavillón de Zas entregando debidamente cumprimentada a Ficha de Inscrición que se pode descargar a través da seguinte ligazón da Sede Electrónica do Concello de Zas: https://bit.ly/3BmHN6Z

COVID19

É importante recordar que en todo momento seguirase a evolución da pandemia e será obrigatorio cumprir todas as medidas de prevención sinaladas polas autoridades sanitarias para frear a COVID19. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

22 Abril, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.