Estas son as actividades que se desenvolverán entre os meses de xullo e setembro
O Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, presenta o programa cultural das Torres do Allo deste verán, que está composto por seis actividades. Todas elas están adaptadas ás condicións sanitarias marcadas pola COVID-19, e están orientadas para todos os públicos. Este programa cultural está financiado pola Deputación da Coruña.
- Volven as Visitas Teatralizadas coa compañía Os Quinquilláns Teatro, todos os domingos de xullo e agosto, ás 19:30.
- Do 15 de xullo ao 30 de agosto é o período de participación no noso concurso fotográfico IV edición Enfoques do Allo.
- O 31 de agosto celebrarase o Mercado de San Ramón, centrado na artesanía.
- Continúan as ofertas diarias: Visitas Guiadas ás Torres do Allo, ás 13:00 e ás 17:00 (previa cita para grupos) e noso famoso Xogo de Pistas.
- A exposición “A Brandomil Romana” que se extenderá ata finais de setembro, completa a nosa oferta. A información relativa á súa inauguración comunicarase en breve.
Todas as actividades son de balde.