1Zasnoveran2020

Os campamentos infantís volven ao Concello de Zas durante todo o mes de xullo

  • Están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos e realizanse en dúas quendas de quince días cada unha cun grupo reducido de participantes
  • Como medida de prevención fronte ao Covid-19 haberá unha sede única para ambas quendas que será no pazo das Torres do Allo 

 

 

O vindeiro 1 de xullo arrancan os campamentos infantís “Zas no Verán 2020” organizados polo Concello de Zas e incluídos no programa didáctico das Torres do Allo financiado pola Deputación da Coruña. 

Os campamentos están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos e teñen como obxectivo, por un lado, favorecer a conciliación familiar da nosa veciñanza e, por outro, que os máis novos da casa desfruten do deporte, da natureza e do noso patrimonio durante as vacacións estivais. Haberá dúas quendas; unha do 1 ao 15 de xullo e outra do 17 ao 31 do mesmo mes, e en ambos casos serán en horario de 10:00 a 14:00 horas. 

Co fin de seguir os protocolos de seguridade recomendados polas autoridades sanitarias, haberá un número de reducido de participantes por cada quenda e haberá unha única sede para ambas quendas que será o pazo das Torres do Allo.

As inscricións poderán facerse vía telémática – a través da Sede Electrónica do Concello de Zas – ou presencialmente no Centro Sociocultural de Zas ou no de Baio. As inscricións son gratuitas e terán preferencia os preinscritos empadroados no Concello de Zas. 

Medidas de prevención do Covid-19

Ademais de centralizar as actividades nunha sede única, durante o desenvolvemento dos campamentos reforzaranse as medidas de prevención contra o Covid-19 entre as cales están evitar ir ás actividades aqueles nenos e neas que pertenzan a algún grupo de risco (enfermidades cardiovasculares, asmáticos, diabéticos ou afeccións graves), tiveran contacto con persoas afectadas polo Coronavirus Covid-19 ou que presenten algunha sintomaloxía relacionada coa enfemidade (tos seca, dor de garganta, febre, vómito, diarrea, urticaria,…). 

Os monitores das actividades indicarán en todo o momento aos nenos e nenas e familiares as diferentes medidas para salvagardar a seguridade de todos e todas tales como respectar a distancia interpersoal, uso de máscaras e dos xeles hidroalcohólicos,… 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.