rebaixa_ibi_concello_zas

O Concello de Zas aproba a rebaixa do IBI na zona rústica

A medida, proposta polo grupo de goberno, afecta a uns 180 inmobles de todo o municipio que pasarán a pagar o 0,4% do seu valor catastral en lugar do 0,65% actual
 

 

A corporación municipal de Zas aprobou esta mañá por unanimidade a rebaixa do Imposto sobre Bens Inmobles – IBI – na zona rústica. A medida, proposta polo grupo de goberno, contempla a reducción dos coeficientes que se aplican sobre o valor catastral dos bens situados en zona rústica para igualar os tipos aos do IBI urbano. Desta forma, a partir do 1 de xaneiro de 2020 o gravame que se lle aplica aos máis de 180 inmobles que se atopan nas diferentes zonas rústicas do Concello de Zas reducirase ata o 0,4% en lugar do 0,65% que se aplicaba até o de agora.

“É a primeira vez que no Concello de Zas se adopta unha medida deste tipo”, sinalou Manuel Muíño, Alcalde de Zas, ao remate do pleno extraordinario celebrado esta mañá no que a única orde do día era esta moción presentada polo BNG de Zas. A ordenanza reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles do Concello de Zas non se modificara dende o ano 2004.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 Outubro, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.