Pola presente faise público que mediante decreto do 04/12/2018 se modificaron as
bases para a contratación dun técnico de patrimonio e da formación dunha lista de
substitución.
A dita modificación consiste en que o punto 11.d) das bases queda redactado do
seguinte xeito:
“Extinción da lista de substitución. A lisa de substitución formada como consecuencia
do proceso selectivo que regulan estas bases extinguirase en todo caso o 31/12/2019”