Tractor_ConcelloZas_rede_viaria

O Concello de Zas dispón dun novo tractor con desbrozadora e trituradora para o mantemento da rede viaria municipal

Unha brigada municipal realiza durante todo o ano traballos de limpeza e mantemento das marxes viarias nos centros de quilómetros de pistas e camiños forestais

O Concello de Zas vén de ampliar os seus equipamentos tras a adquisición dun tractor da marca McCormick e de dous aparellos (unha desbrozadora de brazo e unha trituradora). Con este novo vehículo reforzaranse os traballos de limpeza integral que realiza durante todo o ano Concello de Zas nos centos de quilómetros da rede municipal de pistas, camiños forestais e espazos públicos e que que se intensifica nos meses da primavera e do verán.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o Tenente de Alcalde, Óscar Lema, recepcionaron a pasada semana o novo equipamento que se adquiriu grazas a un convenio entre o Concello de Zas e a Consellería de Medio Rural. O importe total do novo equipamento ascendeu a 94.380 euros, dos cales o Concello de Zas asumiu os correspondentes ao IVE.

“Este tipo de maquinaria é imprescindible para un concello rural como o noso no que é fundamental o mantemento dos centos de quilómetros de estradas municipais e camiños forestais durante todo o ano” sinalou o rexedor de Zas durante a entrega da nova maquinaria. Os traballos de limpeza da rede viaria céntranse na mellora da visibilidade circulatoria e na limpeza das canles de desagüe das augas pluviais ademais de na contribución á prevención de incendios.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 Outubro, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.