presentacion_festa_carballeira_zas_2018

Chega a 35ª edición da Festa da Carballeira de Zas

O cartel do festival, que terá lugar os días 3 e 4 de agosto, está formado por artistas da categoría de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre ata os nipóns Harmonica Creams 

 

A Festa da Carballeira de Zas chega este ano cun cartel máis folk ca nunca. Once grupos, dous días de concertos, gastronomía e actividades para toda a familia son os principais ingredintes desta festa tradicional que se celebra na Carballeira de Velar os días 3 e 4 agosto.

Esta mañá presentouse o cartel nun acto oficial ao que asistiron o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín; a Vicepresidenta e Responsable da área de Cultura da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín; o Director do Festival e membro da Asociación Cultural Castro Meda, Fidel Otero e o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, Víctor Mantiñán.

Serán dous días de concertos con grupos folk de primeiro nivel e de diferentes puntos xeográficos. A 35ª edición abrirase o venres, 3 de agosto, despois dunha completa Semana Cultural organizada polo Concello de Zas a través da súa Concellería de Cultura. Os galegos Pelpepau, a irlandesa Niamh Ní Charra, Ses e The Fatty Farmers serán os encargados de tocar o venres pola noite.

Xa o sábado pola noite, actuarán os galego Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre que traerán a Zas o seu novo disco, Noró; o grupo xaponés Harmonica Creams; os escoceses Mànran e pecharán a noite os galegos Astarot.

Pero o sábado, a festa xa comeza a partir das 14:00 horas cunha sesión vermú na que a gastronomía e as xuntanzas familiares se misturarán coa música de Caxade. Seguirán amenizando a sobremesa os Farrapos e Cé Orquesta Pantasma. E xa pola tarde, serán varios os grupos de música e baile tradicional da comarca os que se xunten na Gran Foliada que terá lugar durante a tarde do sábado.

As entradas para o festival xa se poden mercar na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, cun prezo especial de 10€ o bono de dos dous día durante o mes de xuño. En xullo pasará a costar 12€ e a venda en taquilla será de 15€, bono de dous días.

 

Ei Carballeira!

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.