Convocatoria de selección e contratación laboral temporal de dous/dúas monitores/ras de tempo libre

Bases reguladoras por resolución da Alcaldía núm. 169/2017, de data 18/05/2017.

Constitúe o obxecto a presente convocatoria establecer as bases que terán que rexer, o proceso selectivo, de dúas prazas de Monitor/a de Tempo Libre con carácter temporal, adscrita ao Departamento de Cultura do Concello de Zas. As persoas será contratadas baixo a modalidade de contrato temporal a media xornada (20 horas) durante 2 meses. Estas bases incluirán tamén a formación dunha lista de substitución, co resto de aspirantes aprobados, que terá unha vixencia de 1 ano desde a súa aprobación, prorrogándose automaticamente por períodos iguais ata un máximo de 3 anos.

No prazo de dez días naturais, a contar do seguinte do anuncio no B.O.P, os/as interesados/as en participar no proceso selectivo, dirixirán instancia a Alcaldía-Presidencia, dacordo ao modelo do ANEXO II destas bases. Tales instancias presentaranse no Rexistro do Concello ou a través de calquera dos sistemas previstos no art.º 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde ditará resolución pola que se aprobará a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas que se fará pública no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.