Bases reguladoras por resolución da Alcaldía núm. 169/2017, de data 18/05/2017.
Constitúe o obxecto a presente convocatoria establecer as bases que terán que rexer, o proceso selectivo, de dúas prazas de Monitor/a de Tempo Libre con carácter temporal, adscrita ao Departamento de Cultura do Concello de Zas. As persoas será contratadas baixo a modalidade de contrato temporal a media xornada (20 horas) durante 2 meses. Estas bases incluirán tamén a formación dunha lista de substitución, co resto de aspirantes aprobados, que terá unha vixencia de 1 ano desde a súa aprobación, prorrogándose automaticamente por períodos iguais ata un máximo de 3 anos.
No prazo de dez días naturais, a contar do seguinte do anuncio no B.O.P, os/as interesados/as en participar no proceso selectivo, dirixirán instancia a Alcaldía-Presidencia, dacordo ao modelo do ANEXO II destas bases. Tales instancias presentaranse no Rexistro do Concello ou a través de calquera dos sistemas previstos no art.º 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.
Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde ditará resolución pola que se aprobará a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas que se fará pública no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal.