O Parque Científico e Tecnolóxico de Zas supera o proceso de avaliación ambiental estratéxica da Xunta

O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de avaliación ambiental estratéxica da Xunta de Galicia. Así o acredita a publicación, o martes, do informe da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade no Diario Oficial de Galicia.

A partir da documentación achegada e unha vez pechado o período de alegacións, o documento conclúe que non se prevén efectos ambientais adversos significativos derivados da realización desta iniciativa. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca que se seguen “dando os pasos que hai que dar, completando trámites administrativos complexos para continuar avanzando neste proxecto”.

O informe establece unha serie de requisitos que permitan favorecer a súa integración paisaxística e garantir a salvagarda dos valores do patrimonio cultural, así como outras condicións vinculadas ao abastecemento e xestión das augas e ao impacto no tráfico.

Entre os aspectos recollidos na publicación destacan a introdución dunha zona verde continua na beira oeste do parque e que exerza como barreira natural, a implantación de especies autóctonas nos novos espazos verdes, a realización dunha prospección arqueolóxica ou a elaboración dun catálogo con todos os bens patrimoniais da zona. Muíño sinala ao respecto que “todas as accións que impulsamos dende o Concello de Zas teñen en conta a riqueza da nosa contorna, polo que podemos asegurar que este proxecto estará aliñado coa sostibilidade que sempre defendemos”.

Unha iniciativa única en Galicia

Só hai dous parques deste tipo en Galicia e 51 no territorio español, sendo este o primeiro promovido, executado e financiado exclusivamente por un concello en toda a comunidade. Como indica o rexedor, “normalmente son as comunidades autónomas ou o propio Estado os que sufragan estas actuacións, por iso este proxecto é tan singular e relevante”.

Esta actuación axudará a situar ao municipio como un dos principais referentes en materia de innovación no norte de Galicia, xa que é a única infraestrutura destas características na rexión. Ademais, o alcalde destaca que se tratará dun “espazo planificado ao detalle e pensado para resolver as necesidades reais dos actores que entrarán a formar parte del, co obxectivo de impulsar o tecido económico local e de toda a Costa da Morte”.

Localización e características

O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte estará situado na parroquia de Lamas, entre a estrada Baio-Zas e o río Grande, xunto ao polígono do Allo.

En canto ao deseño, será un espazo híbrido que combinará zonas de investigación, áreas destinadas a novas empresas e puntos verdes que favorecerán a integración na contorna natural.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

17 agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 julio, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 julio, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 julio, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.