Observacion astronómica web

Disfruta do noso ceo no Dolmen da Arca da Piosa da man de Jorge Mira

O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na Costa da Morte. Esta actividade  ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’,  é unha proposta que une patrimonio arqueolóxico e divulgación científica a través dunha experiencia de observación astronómica nun dos espazos máis emblemáticos do municipio: o Dolmen da Arca da Piosa.

A actividade estará guiada polo prestixioso divulgador científico Jorge Mira e dará comezo ás 22:00 horas, con saída desde Santa Sía de Roma. Desde alí, as persoas participantes realizarán unha camiñada duns dous quilómetros, de dificultade baixa, ata chegar ao dolmen, onde se desenvolverá a sesión de observación e interpretación do ceo nocturno. Ao remate da mesma, no espazo do dolmen, haberá un espectáculo teatral e de luces.

A iniciativa busca achegar á veciñanza e ás persoas visitantes unha nova forma de descubrir o patrimonio local, poñendo en valor a relación entre os monumentos megalíticos e a observación dos astros, ao tempo que ofrece unha experiencia divulgativa nun contorno natural de gran beleza.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca que “esta actividade permítenos descubrir o noso patrimonio desde unha perspectiva diferente, combinando historia, ciencia e natureza nun escenario tan singular como a Arca da Piosa”. Ademais, sinala que “contar cun divulgador do prestixio de Jorge Mira, que ademáis é veciño, é unha oportunidade magnífica para achegar a astronomía a todos os públicos e seguir promovendo iniciativas que poñan en valor os recursos culturais e paisaxísticos do noso concello”.

Desde a organización recoméndase ás persoas asistentes levar roupa de abrigo, lanterna e unha manta para deitarse, co fin de gozar da observación nas mellores condicións.

A participación é gratuíta, pero require inscrición previa, que poderá realizarse a través do formulario en liña ou chamando ao teléfono 981 751 398.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.