ABERTA A INSCRICIÓN PARA VIAXAR A CANTABRIA

O Concello de Zas organiza para os próximos días 21, 22 e 23 de xuño unha viaxe a Cantabria, visitando Santander (Xardíns de Piquio, praia do Sardinero e Península da Magdalena), Parque de Cabárceno, Comillas (Capricho de Gaudí, Palacio Episcopal e Universidade Pontificia), Covas de Altamira e Santillana del Mar.

Os únicos requisitos para poder inscribirse son ser maior de 18 anos e estar empadroados/as no Concello. O número de prazas está limitado a 55, e o prezo ascende a 120 ?, incluíndo viaxe en autocar, pensión completa, excursións e seguro de viaxe. A entrada a Cabárceno e ás Covas de Altamira non se inclúen, pero son prezos asequibles para grupos.

O prazo para anotarse remata o xoves, 17 de xuño.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.