ZAS E CABANA LANZAN UNHA GUÍA DE ESTABLECEMENTOS SAUDABLES

Os Concellos de Zas e Cabana conxuntamente, a través do programa cofinanciado pola Consellería de Sanidade, “Cabana – Zas Saudables”, ofrecen ao público a Guía de Restauración e Alimentación Saudable, a que é a primeira publicación destas características editada na comarca.

Esta guía confeccionouse a partir do traballo das nutricionistas do proxecto, xa que que recolle os nomes de todos aqueles establecementos que participaron nos programas “A Boa Hostelería”, “I Concurso de Pinchos Saudables” e “Campañas Saudables nos Supermercados”.

Esta publicación invita ós lectores a acudir ós establecementos que conseguiron o logo de Establecemento Saudable e que ofrecen menús dietéticos e saudables a quen os solicite. Estes establecementos teñen na súa entrada dun distintivo que os recoñece como tal.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.