Os Concellos de Zas e Cabana conxuntamente, a través do programa cofinanciado pola Consellería de Sanidade, «Cabana – Zas Saudables», ofrecen ao público a Guía de Restauración e Alimentación Saudable, a que é a primeira publicación destas características editada na comarca.
Esta guía confeccionouse a partir do traballo das nutricionistas do proxecto, xa que que recolle os nomes de todos aqueles establecementos que participaron nos programas «A Boa Hostelería», «I Concurso de Pinchos Saudables» e «Campañas Saudables nos Supermercados».
Esta publicación invita ós lectores a acudir ós establecementos que conseguiron o logo de Establecemento Saudable e que ofrecen menús dietéticos e saudables a quen os solicite. Estes establecementos teñen na súa entrada dun distintivo que os recoñece como tal.