campana-trampeo-zas-2025-1

Capturadas máis de 10.000 vespas velutinas na campaña de trampeo posta en marcha polo Concello de Zas na que colaboraron 153 veciños e veciñas

Durante os meses de marzo, abril e maio instaláronse unhas 500 trampas por todo o municipio

O Concello de Zas vén de pechar unha nova campaña de trampeo da vespa velutina durante a que se capturaron un total de 10.117 vespas velutinas; 2.600 máis que o ano anterior.

Este é o oitavo ano que o noso municipio pon en marcha esta inciativa sendo unha das primeiras da zona. “Comezamos a loitar contra esta praga no ano 2018 xa que entendemos que as campañas de trampeo son unha das mellores medidas para erradicar esta especie que causa tantos danos”; sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

Na campaña deste ano contouse coa colaboración de 153 veciñas e veciños de todo o municipio que instalaron as trampas que se lles entregou de forma gratuita xunto co líquido atraínte correspondente. Seguindo as recomendacións dos expertos, as trampas instaláronse naqueles puntos máis sensibles como poden ser as zonas de árbores froiteiras, camelias e ríos. Ademáis destas, o persoal da empresa encargada da campaña – Plaguiber – instalou trampas noutros 80 puntos de todo o municipio (paseos fluviais, nos exteriores dos edificios públicos,…). En total, colocáronse unhas 500 trampas ás que se lle renovou o líquido atraínte de forma periódica.

A campaña en cifras

  • 1º reconto: capturadas 910 vespas velutinas
  • 2º reconto: capturadas 2.084 vespas velutinas
  • 3º reconto: capturadas 2.578 vespas velutinas
  • 4º reconto: capturadas 2.690 vespas velutinas
  • 5º reconto: capturadas 1.855 vespas velutinas
  • Total: capturadas 10.117 vespas velutinas

Retirada de niños

Nesta época do ano, comezarase a ver os niños polo que dende o Concello de Zas recomendase chamar ao 012 para a solicitar a súa retirada. Tamén é posible realizar a comunicación de niños de vespa velutina a través do chat da Xunta de Galicia no que hai que facilitar a información precisa para xerar o aviso. A este chat accédese a través da seguinte ligazón: https://012.xunta.gal/atencion-a-cidadania/que-e

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...