Un total de 869 persoas fixeron a súa inscrición para a X Carreira Pedestre Concello de Zas, incluída no Circuito Correndo Pola Costa da Morte que se disputa mañá pola tarde.
A praza do Concello será o punto de saída e de chegada dun dos eventos deportivos máis emblemáticos do noso municipio. Aquí tamén se realizará a entrega dos trofeos das diferentes categorías.
Unha das novidades desta edición son os cambios no percorrido da proba 10K que nesta ocasión discorrerá por Andregalla, A Toxa, Artón, e Baizana para regresar á praza do Concello despois de combinar varios tramos de asfalto e pistas de terra. O último quilómetro desta proba será polo paseo fluvial de Zas, á beira do río. Por este motivo, varias estradas do noso municipio estarán cortadas puntualmente ao longo da tarde co fin de que a proba se desenvolva coa maior seguridade posible. Un ano máis, dende o Concello de Zas agradecemos a toda a veciñanza a súa colaboración e rogamos que atenda sempre as indicacións da Policía Local e de Protección Civil. Na seguinte ligazón pódese consultar o recorrido de cada unha das probas: https://racemapp.com/proyecto/364-carreira-pedestre-concello-de-zas
Horarios
Ás 15:00 horas ábrese a mesa para a recollida de dorsais, que estará instalada na praza
do Concello. Estes son os horarios de saída das distintas probas:
• 17:10 horas: Sub 10
• 17:25 horas: Sub 12
• 18:00 horas: 3K Contra o Cancro
• 18:02 horas: Sub 14-16-18
• 18:45 horas: 10K
• 20:00 horas: pitufos
A X Carreira Pedestre do Concello de Zas está incluída na 11ª edición do Circuito
Correndo pola Costa da Morte na que participan dez municipios da zona.