Acto-centenario-falecemento-Enrique Labarta Pose

Alumnado de todo o Concello de Zas participará no acto no día en que se cumplen os 100 anos da morte de Enrique Labarta Pose

Será o vindeiro martes, 13 de maio, a partir das 11:00 horas na Praza Jorge Mira Pérez

O 13 de maio de 1925, Enrique Labarta Pose falecía no Hospital Clínico de Barcelona a causa das feridas sufridas días antes no descarrilamento do ferrocarril de Las Planas. A pesar dunha operación e unha leve melloría, non chegou a cumprir os 62 anos.

Ante esta data tan simbólica, o Concello de Zas quere renderlle homanxe a Enrique Labarta Pose cun acto no que uns dos protagonistas serán o alumnado do CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose e do IES Maximino Romera Lema.

O acto de conmemoración do centenario da morte de Enrique Labarta Pose terá lugar o vindeiro martes, 13 de maio, a partir das 11:00 hora na Praza Jorge Mira. Durante a xornada descubrirase un monumento conmemorativo, realizarase un acto simbólico do enterramento de Labarta xunto cunha ofrenda floral e lerase o seu poema “Que me enterren aló”.

Tamén está confirmada a asistencia de membros da Comisión Labarta Pose, que engloba ás asociacións do Concello e distintas personalidades da Costa da Morte; Jorge Mira Pérez; Xosé María Lema; Xosé María Rei; Xosé Ameixeiras e Ricardo García Mira. Tamén está previsto que asistan a este acto Rosario Álvarez, Presidenta do Consello da Cultura Galega; Concha Losada, Presidenta do Museo do Pobo Galego; Manolo González, membro numerario da Real Academia Galega; e María Dolores Sánchez Palomino, membro da Comisión Executiva da RAG. 

Este é o acto central deste ano e que está incluído na programación das actividades sobre a figura de Enrique Labarta Pose organizado polo Concello de Zas co que se pretende, por unha parte, darlle difusión á vida e obra do autor e, por outra, conseguir que Labarta teña o seu propio día das Letras Galegas. Unha decisión que tomará a Real Academia Galega proximamente.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...