competencias-clave-2024

Convocadas as probas para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación

 

Xa están convocadas as probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A), tal e como publicou a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Xunta de Galicia no DOG do 15 de xaneiro de 2024.

O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados profesionais de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados profesionais.

Competencias clave que se convocan  .

1. Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:

– Comunicación en lingua galega.

– Comunicación en lingua castelá.

– Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

– Competencia matemática.

2. A superación das probas de competencias clave permitirá o acceso á formación dos certificados profesionais do nivel correspondente.

A quen vai dirixido?

1. Poderanse presentar ás probas para a obtención do certificado de superación das competencias clave necesarias para o acceso á formación dos módulos profesionais dos certificados profesionais tanto do nivel 2 como do nivel 3 as persoas que cumpran os dous seguintes requisitos:

a) Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos a 31 de decembro do ano natural en que se realizan as probas.

b) Non estar en posesión de ningún dos requisitos de acceso á formación dos certificados profesionais establecidos no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014, pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro).

2. No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación profesional a que se refire o punto anterior.

Prazos de solicitude

O prazo de solicitude está aberto ata o 15 de febreiro de 2024 e este é o modelo de solicitude a cubrir: TR306A – Probas de competencias clave

Recomendacións xerais sobre a presentación da solicitude

  1. Pode identificarse co DNI, NIE ou pasaporte. No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar necesariamente copia coa solicitude (ver artigo 7.a da Resolución).
  2. No caso de presentarse ás probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, só é necesaria unha única solicitude.
  3. NON solicitar competencias aprobadas en anteriores convocatorias; consultar o “Busca de resultados das probas”.
  4. Preferiblemente, presentar a solicitude por vía electrónica, para o que debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia: Chave 365, DNI electrónico ou certificados dixitais (artigo 5.2 da resolución de convocatoria).
    Para a presentación electrónica debe seguir os seguintes pasos:

    • Acceder á sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal e buscar o formulario de solicitude do procedemento TR306A–Probas de competencias clave
    • Dentro da pestana “Presentación” premer na icona “Tramitar en liña”
    • Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar, presentar e obter recibo.
  5. No caso de solicitudes cubertas a man:
    • Prégase claridade nos datos;
    • É necesario indicar o número de DNI, NIE ou Pasaporte;
    • Non esquecer asinar a solicitude.

Mais información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR306A

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.