V_Universidade-Senior-concello-Zas

A Universidade Sénior oferta unha nova edición do programa de Democratización do Coñecemento aos adultos maiores da Costa da Morte

As clases desenvolveranse entre os meses de febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio

Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha neste ano 2023, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e mailo Concello de Zas, a 5ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e marzo, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/ )  ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellosdende o 6 ata o 19 de febreiro.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I: ARTE E SOCIEDADE 

  • “Unha filosofía da amistade: Michel de MontaigneProf. Alberto Sucasas Peón. 22 de febreiro, de 17 a 19 h. 
  • “Divertimentos amorosos nos cartóns de Goya”Prof. Juan de Dios Ruano Gómez. 23 de febreiro, de 17 a 19 h.
  • “Arquitectura con minúsculas, novas sensibilidades tardomodernas”Prof. Fernando Agrasar Quiroga. 1 de marzo, de 17 a 19 h.
  • Visita cultural na contorna da Costa da Morte. 3 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas. 

 

MÓDULO II: CIENCIA E TECNOLOXÍA 

  • “Matemáticas, existen en todas partes?”. Prof. Mª Cristina Naya Riveiro. 8 de marzo, de 17 a 19 h.
  • “Importancia da Ciencia e a Tecnoloxía al longo da Historia e na Sociedade Actual”. Prof. Juan José Galán Díaz. 9 de marzo, de 17 a 19 h.
  • “Xeobotánica, a Ciencia que nos fai entender e valorar a nosa contorna”. Prof. Javier Cremades Ugarte.  15 de marzo, de 17 a 19 h.
  • Saída de campo no entorno da Costa da Morte. 16 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas. 

MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR 

  • “Hábitos saudables: estou facéndoo ben?”. Prof. Esther Fernández Fernández. 22 de marzo de 2022, de 17 a 19 h. 
  • “Benestar, vulnerabilidade e coidados”. Prof. Antía Pérez Caramés. 23 de marzo, de 17 a 19 h.
  • “Tecnoloxía para a saúde e a vida activa”. Prof. Betania Groba Martínez e Laura Nieto Riveiro.  29 de marzo, de 17 a 19 h.
  • Sesión práctica. 30 de marzo, de 17 a 19 h. 

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas de Costa da Morte, ca intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.