Presentacion_V_Trail_da_Filloa_de_Zas__web

Zas retoma o Trail da Filloa que chega á súa V edición o próximo 20 de febreiro

O Gran Trail de 43 km e unha andaina de 25 km son as principais novidades deste evento non competitivo organizado polo Concello de Zas e Asociación Deportiva Monte Brondo  
 

 

O Concello de Zas e a Asociación Deportiva Monte Brondo xa teñen todo preparado para o V Trail da Filloa que se disputará o vindeiro 20 de febreiro polos montes do noso concello. E despois dun ano de parón debido á COVID 19 nótase que hai ganas de trail e de filloas, xa que dúas das probas – o trail curto e o longo – teñen as prazas esgotadas. Así o indicaron esta mañá durante a presentación do cartel deste evento non competitivo que tivo lugar na Casa do Concello de Zas e ao que asistiron o Alcalde, Manuel Muíño; David Fernández, da Asociación Deportiva Monte Brondo; e Juan M. García; o protagonista do cartel desta quinta edición quen descatou que “a diversión está asegurada”. 

Ao igual que nas últimas edicións, os organizadores poñen a disposición dos participantes avituallamentos ao longo dos diferentes percorridos, aparcamentos e gardarroupas. O percorrido estará sinalizado con material totalmente biodegradable e co fin de reducir o impacto ambiental os participantes deberán levar o seu propio sistema de hidratación.

Novidades

As grandes novidades do V Trail da Filloa son un Gran Trail de 43 km e unha andaina de 25 km que segundo sinalou David Fernández “foron un gran reto para nós e este ano por primeira vez conseguimos sacalos adiante”. Para iso contan coa colaboración de ducias de voluntarios que “se pasan a fin de semana limpando e desbrozando camiños”, destacou o Alcalde de Zas quen lle agradeceu enormemente o seu traballo.

A lama e a zona de cordas son puntos polos que pasarán os participantes en calquera destas probas, ao igual que a subida ao Monte Bronde e ao Pico de Meda, dous dos lugares máis altos do noso concello e dende os cales se pode gozar dunhas vistas espectaculares.

O V Trail da Filloa está composto por cinco probas non competitivas que terán o punto de saída a praza do Concello de Zas, mentras que o punto de chegada será o pavillón de Zas onde se servirán as típicas filloas á pedra de Zas acompañadas de caldo e chourizos.

Estas son as diferentes probas:

  • Gran Trail 43 km 
  • Trail Longo 27 km (prazas esgotadas)
  • Traill Curto 17 Km (prazas esgotadas)
  • Andaina 12 Km
  • Andaina 25 km

As inscricións están abertas ata o 15 de febreiro a través da páxina de Galitiming – https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/v-trail-da-filloa-zas/?lang=es –  e as persoas que se inscriban antes das 23:59 horas do 31 de xaneiro terán un desconto especial. Cumpriranse en todo o momento as recomendacións establecidas para eventos no contexto da nova normalidade provocada pola Covid19. 

Beca para estudios

Ao igual que na cuarta edición, este ano volverase a crear a “Beca para estudios” para a cal se destinará o gasto que os organizadores investían en regalos como bolsas e camisetas para os participantes. O estudante seleccionarase de forma confidencial en base aos informes do departamento de Servizos Sociais municipal e un dos requisitos é estar empadroado/a no Concello de Zas. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.