DeporCampus_ConcellodeZas_2021

Zas repite por cuarto ano consecutivo como sede dun DéporCampus Cabreiroá

Esta é unha actividade dirixidaa a nenos e nenas de 6 a 14 anos e que terá lugar do 19 ao 23 de xullo no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio

Un ano máis, e xa van catro, o Campo Municipal Platas Reinoso de Baio acollerá unha nova edición dun dos DéporCampus Cabreiroá que organiza o Real Club Deportivo da Coruña en diferentes localidades da provincia.

“A de Zas foi unha das sedes que tivo maior éxito o verán pasano no que participaron máis de 40 nenos e nenas da zona”, sinalou Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo, durante a presentación do evento que tivo lugar o pasado venres no Salón de Plenos do Concello de Zas e ao que asistirón tamén Manuel Muíño Espasandín, Alcalde de Zas; e Óscar Lema Romero, Tenente de Alcalde.

A actividade, que terá lugar do 19 ao 23 de xullo, está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Zas e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 15 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.