Bandeira-Zas-en-negro

Zas participa por terceiro ano consecutivo na campaña “En Negro contra as violencias”

Ao longo dos próximos días desenvolveranse varias accións en colaboración cos diferentes colectivos co fin de sensibilizar á veciñanza contra esta lacra social

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Zas súmase á campaña “En Negro contra as violencias”, impulsada polo Concello de Santiago de Compostela e na que participan máis de cen municipios galegos xunto coas Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra.

Como en anos anteriores, o Concello de Zas – a través da Concellería de Igualdade – coordinará diferentes actividades implicando ao tecido empresarial, asociativo, educativo e deportivo do municipio e que terán como obxectivo fomentar a sensibilización contra as violencias machistas.

Unha das principais actividades da campaña será o concurso de escaparates que se realizará en colaboración dos diferentes establecementos comercias do municipio de Zas. Así, do 19 ao 25 de novembro os escaparates de máis dun centenar de locais comerciais e hostaleiros de  todo o municipio tinguiranse de negro e difundirán distintas mensaxes para rexeitar esta lacra social. Os máis orixinais terán premio.

Ademais, ao longo destes días entregaranse camisetas, pegatinas, salvamanteis, e outro material nos comedores escolares e nos diferentes locais hostaleiros do municipio.

A poboación escolar é outro dos grupos cos que se traballará en materia de igualdade e de rexeitamento ás violencias.  Así, ao longo destes días, realizaranse diferentes actividades nos tres centros educativos do Concello de Zas. A primeira das actividades será un taller de “Violencia de xénero e o novo contexto dixital” que se desenvolverá en cada un dos tres centros educativos o luns 26 de novembro. Xa o venres, 29 de novembro, o Auditorio de Baio acolle o espectáculo “Por unha peseta”. Éste é o primeiro traballo de Apatacón; unha compañía de nova creación formada pola vocalista Faia Díaz e a cantadora Vero Rilo. Ademais destas actividades, persoal do CIM de Zas impartirá nos próximos días unha charla sobre a violencia de xénero no IES de Baio e no mes de xaneiro realizarase o obradoiro “Escoita o meu son” – que se enmarca no programa “Quen dixo medo da Deputación da Coruña” – e que está dirixido ao alumnado de 3º da ESO do IES de Baio e do CPI de Zas.

Por outra parte, o CIM de Zas organiza unha concentración aberta a toda a veciñanza que terá lugar na praza do Concello o 23 de novembro entre as 12:00 e as 12:30 horas.

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, participou no acto de sinatura do protocolo para a campaña “En negro contra as violencias machistas” que tivo lugar o pasado luns, 12 de novembro, en Santiago de Compostela.

Bandeira Zas en negro
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
13 Febreiro, 2026
O Concello de Zas quere aclarar a situación actual respecto ás actuacións necesarias no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas, e lamen...
11 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte, martes 10 de febreiro, a presentación da 8ª edición do Programa de Democratización do...
11 Febreiro, 2026
O Concello de Zas convoca á veciñanza a unha reunión informativa que se celebrará este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas no C...
9 Febreiro, 2026
Mañá, martes 10 de febreiro, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio a inauguración da 8ª edición do Programa d...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.