Zas-entradas-festa-carballeira

Xa se poden recoller as entradas para a 40ª Festa da Carballeira

O Goberno Municipal, en convenio coa Asociación Castro Meda, pon a disposición de cada vivenda con familias empadronadas no Concello dúas invitacións nominativas para acceder ao festival o sábado 9 de agosto Todas as persoas maiores de 60 anos e menores de 14 non pagan entrada

Como vén sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Zas en convenio coa Asociación Castro Meda pon a disposición de cada vivenda con familias empadroadas no noso municipio dúas invitacións nominativas para acceder de forma gratuíta á Festa da Carballeira durante toda a xornada do sábado 9 de agosto.

As entradas poderán recollerse dende hoxe e ata o venres 8 de agosto nas oficinas da Casa do Concello en horario de 08:00 a 14:00 horas.

Esta é unha iniciativa do equipo de Goberno Municipal que se leva desenvolvendo dende hai uns anos e que naciu co fin de que toda a veciñanza goze dunha das nosas festas máis emblemáticas que este ano celebra a súa 40 edición cun cartel de artistas 100% galego e 100% en feminino. 

Asimesmo, todas as persoas maiores de 60 anos e menos de 14 anos non pagan entrada para acceder ao festival.

Programación

Despois da noite de concertos do venres da man de Catuxa Salom, Tanxugueiras e Agoraphobia; a xornada do sábado día 9 comeza cunha sesión vemú e unha mexilloada gratuíta amenizada por Uxía Lambona e a Banda Molona, a Banda da Loba e o grupo de gaiteiras de Xiradela.

Ao longo da tarde haberá feira de artesanía, zona infantil con inchables e espazo para o xogo e unha gran foliada con varios grupos de música tradicional da zona. A tarde pecharase coa actuación do grupo Carmela que lle dará paso aos concertos no escenario principal. Aquí actuarán a partir das 22:00 horas Caamaño&Ameixeiras, Mercedes Peón, Ses e Señora DJ.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

3 Novembro, 2026
O Concello de Zas resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 para a contratación dunha persoa ...
31 Outubro, 2026
O Concello de Zas contará durante o curso 2026-2027 cunha nova edición do programa ‘Os Ratos de Lonxedetodo’, desenvolvido por Tri...
24 Outubro, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.