Nadal_Zas_2020

Xa está aquí a programación cultural deste Nadal

  • Os máis novos da casa serán os protagonistas do programa ainda que tamén haberá algunha cita para adultos
  • Para asistir é necesario anotarse previamente así como o uso obrigatorio de máscara 

 

 

Os máis novos da casa volverán ser os protagonistas das actividades culturais do programa cultural deste Nadal posto en marcha polo Concello de Zas e que arranca xa o vindeiro martes. O Auditorio de Baio, o Centro Sociocultural de Zas e o Centro Sociocultural de Baio serán as ubicacións nas que se desenvolverán o programa que este ano vén limitado pola situación sanitaria que vivimos provocada pola Covid-19.  Estas son as actividades previstas:

    • 1 de de decembro: A programación do Nadal comeza cunha cita para os máis novos da casa que virá da man de Trinke Trinke Teatro. “Ovos, letras e galiñas” é o título do contacontos que nos traerán á Biblioteca Municipal de Zas ás 18:00 horas
    • 12 de decembro: O Auditorio de Zas será o escenario para a representación de “A pluma viva de Rosalía” de Os Quinquilláns Teatro. A función comeza ás 19:00 horas e está dirixida ao público adulto
    • 15 de decembro: Os ratiños de Trinke Trinke Teatro volven a visitarnos. Nesta ocasión será na Axencia de Lectura de Baio a onde nos traerán o seu espectáculo “Ovos, letras e galiñas” dirixido a toda a familia. Comeza ás 18:00 horas
    • 19 de decembro: A compañía Chévere Teatro traénos a súa obra “As fillas bravas e o mito de Casandra” ao Auditorio de Baio. A representación, que está dirixida ao público adulto, comeza ás 19:00 horas
    • 22 de decembro: A Biblioteca Municipal de Zas recibe a visita do Circo Chosco que nos traerá o seu espectáculo dirixido ao público infantil e familiar que leva por título “Riscando o ceo”. A cita é ás 18:00 horas
    • 26 de decembro: O público infantil e familiar volve a ser o destinatario de “Carabela”, unha representación que fará a compañía Galeatro no Auditorio de Baio a partir das 18:00 horas
    • 29 de decembro: O dúo Rilo e Penadique convídannos a viaxea polas terras lusófonas co seu espectáculo “A formiga no carreiro” que terá lugar ás 18:00 horas na Axencia de Lectura de Baio. Esta función está dirixida ao público infantil e familiar
    • 2 de xaneiro: O auditorio de Zas acolle ás 19:00 horas “Sós”; unha obra de Malasombra Teatro dirixida ao público adulto
    • 3 de xaneiro: A programación de Nadal remata co espectáculo de maxia “Le Cirque” de Cayetano Lledó. Está dirixido aos máis novos da casa e comeza ás 18:00 horas no Auditorio de Zas

Reservas

Todos as citas son gratuítas e para asistir é necesario facer reserva previa no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056) en horario de martes a venres de 09:30 a 13:00 e de 15:00 a 21:30 horas e os sábados de 10:00 a 18:00 horas.

O aforo está limitado en calquera das localizacións e para asistir é obrigatorio o uso de máscara e a desinfección de mans tanto á entrada como á saída. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 Marzo, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.