Presentacion_DeporCampus_2

Volve o DéporCampus Cabreiroá 2020 ao Campo Municipal Platas Reinoso de Baio con novas medidas de seguridade fronte ao Covid-19

  • As inscricións poden realizarse a través da páxina web www.deporcampus.rcdeportivo.es ata o 23 de xullo ás 12:00 horas
  • O evento presentouse esta mañá nas Torres do Allo nun acto ao que asistiron o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; Pablo Barros, coordinador das actividades formativas da Fundación Real Club Deportivo da Coruña e representantes dos distintos clubs de fútbol do municipio

 

 

Xa se poden realizar as inscricións para o DéporCampus Cabreiroá 2020 que terá lugar do 27 ao 31 de xullo no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio. Esta nova e cuarta edición, estará marcada polas novas medidas de seguridade que se aplicarán co fin de facerlle fronte ao Covid-19. 

O DéporCampus Cabreiroá 2020 presentouse esta mañá nas Torres do Allo nun acto ao que asistiron o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín; Pablo Barros, coordinador das actividades formativas da Fundación Real Club Deportiva da Coruña; Chema Rey, presidente do CD Concello de Zas; Rebeca Facal, presidenta do CD Baio; e Emilio Corzón, adestrador do CD Concello de Zas. O rexedor de Zas, Manuel Muíño, descatou a importancia de acoller unha nova edición deste evento deportivo que é un éxito ano tras ano e que nesta ocasión é o único que ten lugar en toda a Costa da Morte. 

Este campamento deportivo está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e serán os técnicos do RC Deportivo os encargados de dirixir as diferentes sesións de adestramento nas que os participantes terán a oportunidade de mellorar as súas habilidades, gozar do xogo e facer novas amizades. 

Inscricións

As inscricións están abertas ata o 23 de xullo ás 12:00 horas e pódense formalizar a través da seguinte ligazón: http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/zas-2020/inscribete. As tarifas son de 120€ a normal e de 100€ a bonificada – entre os que están os xogadores do Club Deportivo Concello de Zas – e inclúen equipamento deportivo, máscara oficial do RC Deportivo, seguro de accidentes deportivos, auga e froita durante os adestramentos, diploma e sorteo de regalos.  

Para calquera dúbida sobre o proceso de inscrición pódese escribir directamente ao enderezo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.

 

 

 

Como principal novidade, aplicarase un protocolo especial fronte ao Covid-19. Así todos os participantes recibirán unha máscara oficial do RC Deportivo, xunto coa equipación DéporCampus. O protocolo de seguridade das medidas hixiénico – sanitarias pode consultarse aquí. Por este motivo, as prazas están limitadas. Ademais, aplicaranse as seguintes medidas: 

  • As instalacións deportivas contarán con material de desinfección tales como xel desinfectante, papel e xabrón e papeleiras
  • As actividades deportivas realiranse en todo o momento ao aire libre
  • Tanto as instalacións como o material limparase e desinfectarase de xeito reiterado e cun mínimo de dúas veces ao día
  • Os produtos de limpeza empregados serán os recomendados polas autoridades sanitarias
  • A merenda dos participantes (auga e froita) repartirase en bolsas individuais
  • Cada xogador/a terá a súa propia botella de auga, marcada co seu nome e non deberá ser compartida
  • Non se poderá usar as duchas dos vestiarios das instalacións deportivas 
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.