II Xornada Canina Concello de Zas

Un concurso local e unha exhibición de cans profesionais, as principais citas da II Xornada Canina Concello de Zas que se celebra este domingo en Baio

Será a partir das 10:00 horas na Praza Jorge Mira Pérez

Este domingo, 25 de maio, a partir das 10:00 horas celebramos na Praza Jorge Mira Pérez a II Xornada Canina Concello de Zas.

O evento – organizado polo Concello de Zas xunto coa Asociación de Centro Legales de Cría y Cuidado Responsable e o Centro Veterinario Cenvet – comeza a partir das 10:00 horas cunha exposición de criadores profesionais que puntuará para o campionato galego Ascelcre/Expogal.

Ao redor das 11:30 horas comezará o concurso local canino aberto a toda a veciñanza que desexe participar co seu can co único requisito que teña identificación a traves do microchip. Entre todos os participantes haberá un sorteo de agasallos e premios especiais para o can máis guapo e para o máis simpático. Para participar é necesario anotarse previamente no Centro Sociocultural de Baio, no número de teléfono 981 718 056 ou a través do formulario https://bit.ly/concursocanino25 . E tamén é posible anotarse o propio día do evento antes do inicio do concurso.  A inscrición é de balde.

Unha vez rematado o concurso local, haberá unha exhibición canina que realizarán os criadores profesionais con destacados exemplares. O evento remata ao redor das 13:30 horas coa entrega de premios. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.