PanxolinaZas2018

Últimos días para participar no concurso de Nadal “PanxoliñaZas”

O próximo venres, 21 de decembro, remata o prazo para enviar os vídeos nos que se escoite unha panxoliña ou un canto de Nadal en galego

 

O próximo venres, 21 de decembro, remata o prazo para participar o concurso de Nadal “PanzoliñaZas”, organizado por cuarto ano polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura.

Os participantes deberán gravar un vídeo cantando en galego unha panxoliña, un canto de Aninovo ou un canto de Reis que pode ser tradicional, de creación propia ou traducido. No certame pode participar toda a veciñanza de Zas independentemente da súa idade e pode facelo tanto de forma individual como en grupo.

Os traballos poden enviarse por varias vías que son: por correo electrónico ao enderezo turismozas@gmail.com, a través da plataforma Wetransfer ou entregando nun lápis de memoria nas dependencias municipais.  En calquera dos canais que se utilice débese indicar o asunto (“Concurso de Panxoliñas”) xunto cos datos do/dos participantes (nome, apelidos, DNI, idade, enderezo postal e un número de teléfono de contacto). Ademais, deberase de entregar o modelo de inscrición (Anexo I das bases) no Rexistro Municipal de Zas.

Premios

Os traballos publicaranse na páxina de Facebook “Concello de Zas Actualidade Municipal” do 22 ao 27 de decembro e os usuarios encargaranse de votar polo seu vídeo favorito. O que máis gústame teña recibirá o premio ao vídeo máis popular. Ademais premiaranse, a criterio dun xurado formado por membros do Concello de Zas e de tres asociacións do municipio, os traballos pola súa presentación e posta en escena, pola súa fidelidade á tradición galega e un vídeo infantil. En total outorgaranse catro premios de 100€ cada un xunto cun diploma acreditativo.

As bases completas do concurso “PanxoliñaZas” poden consultarse no seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/media/documentos/Bases_PanxolinaZas_2018.pdf

PanxolinaZas2018
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
13 Febreiro, 2026
O Concello de Zas quere aclarar a situación actual respecto ás actuacións necesarias no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas, e lamen...
11 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte, martes 10 de febreiro, a presentación da 8ª edición do Programa de Democratización do...
11 Febreiro, 2026
O Concello de Zas convoca á veciñanza a unha reunión informativa que se celebrará este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas no C...
9 Febreiro, 2026
Mañá, martes 10 de febreiro, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio a inauguración da 8ª edición do Programa d...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.