Mostra_teatro_afeccionado_labarta_pose_concello_zas

Últimos días para anotarse na IV Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo Concello de Zas

  • As compañías/grupos teñen ata o próximo mércores, 20 de febreiro, para enviar a súa documentación
  • As obras seleccionadas representaranse os días 23 e 30 de marzo e 6, 13 e 27 de abril distribuídas entre o auditorio do Pavillón de Baio e o auditorio da Casa do Concello

O vindeiro mércores, 20 de febreiro, remata o prazo de inscrición na IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” organizada polo Concello de Zas. No certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro da comunidade. Para participar é necesario anotarse presentando a documentación pertinente así como os anexos que acompañan ás Bases debidamente cumprimentadas.

O xurado, composto por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius, seleccionará os cinco espectáculos finalistas que serán os que se representen os días  23 e 30 de marzo e6, 13 e 27 de abril distribuídas entre o auditorio do pavillón de Baio e o auditorio da Casa do Concello de Zas. A entrega de premios terá lugar o domingo 9 de xuño.

Unha das novidades desta cuarta edición da mostra de teatro son o incremento da cuantía dos premios xa que o Concello de Zas destina 3.500€ que se repartirán da seguinte forma:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

Con esta mostra de teatro afeccionado, o Concello de Zas pretende, por unha parte, fomentar a cultura especialmente no eido das artes escénicas e, por outra, favorecer o teatro feito en Galicia e en galego. As bases pódense consultar na páxina web municipal a través do seguinte enlace: http://concellodezas.org/media/documentos/Bases_IV_Mostra_teatro_afeccionado_labarta_pose_Concello_Zas.pdf

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.