FOTO ZAS O Concello de Zas convoca á veciñanza para abordar a situación do Centro de Saúde de Zas pola falta de persoal sanitario

Sobre o permiso de investigación mineira ‘Jorge Reyes’ e as informacións difundidas recentemente

Ante as informacións aparecidas nos últimos días e a nota difundida polo PSdeG-PSOE de Zas respecto ao permiso de investigación mineira ‘Jorge Reyes’ na zona de Fornelos, o Concello de Zas considera necesario realizar as seguintes aclaracións co obxectivo de evitar confusións e garantir unha información rigorosa á veciñanza.

En primeiro lugar, o Concello reitera que o expediente ao que se fai referencia corresponde a unha fase de investigación mineira, tal e como consta na publicación oficial do Diario Oficial de Galicia (DOG), e non a unha concesión de explotación.

Así mesmo, cómpre insistir en que a tramitación, avaliación e resolución deste tipo de permisos é competencia exclusiva da Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia mineira. O Concello non participa na súa autorización nin dispón da capacidade de modificala ou resolvela.

En relación coa solicitude de información rexistrada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE de Zas, o Concello aclara que dita petición se produce con posterioridade á difusión pública do asunto nos medios de comunicación, o que contribuíu a xerar interese e preocupación na veciñanza. En todo caso, o Concello atenderá e responderá ás cuestións que sexan da súa competencia, dentro dos límites legais do procedemento e da información dispoñible.

O Goberno municipal quere deixar claro que, desde o momento da publicación no DOG, estase a facer seguimento do expediente e recompilando información técnica, co obxectivo de coñecer con precisión o alcance da actuación prevista.

Neste sentido, o Concello xa conta con documentación cartográfica que permite identificar a área afectada na zona de Fornelos, e está a traballar para que esta información poida ser explicada con claridade á veciñanza.

Este martes, 2 de xuño, está prevista unha reunión co presidente da Asociación de Veciños ‘A Fonte’ de Fornelos, no marco do traballo de contacto directo coa cidadanía. No caso de considerarse oportuno, valorarase a convocatoria dunha reunión informativa aberta á veciñanza, co obxectivo de explicar a situación con transparencia e resolver dúbidas.

O Concello de Zas lamenta a confusión xerada arredor deste asunto e lembra que a publicación no DOG responde a un procedemento administrativo regulado, que non implica autorización de explotación nin actuación inmediata no territorio.

Por todo isto, o Goberno local considera importante que a información sexa tratada con rigor e que as consultas sobre o procedemento sexan dirixidas á administración competente, isto é, a Xunta de Galicia, responsable da súa tramitación.

O Concello continuará a traballar con responsabilidade, discreción e transparencia, poñendo a disposición da veciñanza toda a información que legalmente poida ser compartida e mantendo a súa interlocución directa co tecido veciñal do municipio.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.