BenQ Digital Camera

Rematadas as obras de climatización do Auditorio e do local de reunións de Baio

O Concello de Zas investiu máis de 20.000 euros na mellora da confortabilidade destes dous espazos

Mellorar a confortabilidade é o principal obxectivo das recentes obras de climatización que se veñen de realizar no Auditorio de Baio e no local de reunións situado no edificio Pomares da vila. O Concello de Zas investiu nestes traballos un total de 20.121,42 euros (IVE incluído) dando así resposta a unha demanda veciñal. O novo sistema de climatización instalado é un dos máis eficientes do momento cun consumo de enerxía reducido e cun alto rendemento. Ademais de ser moi silencioso, o sistema de climatización do Auditorio de Baio e do local de reunións adáptase ás condicións climatolóxicas tanto do inverno como do verán.

Nos próximos días xa se poderán comprobar os traballos durante algunhas das actividades do programa de Nadal que se realizarán no Auditorio de Baio.

O Auditorio de Baio ten unha importante actividade cultural ao longo de todo ano, xa aquí se concentran unha boa parte das propostas organizadas tanto polo Concello de Zas como polas distintas asociacións da vila. Ademais, este é un punto de referencia para moitas dos encontros e cursos organizados por entidades comarcais como o GDR ou a Federación Galega de Fútbol cuxa sede da Costa da Morte está no propio edificio.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.