universidade_senior_costa_da_morte

Remata a 2ª edición do programa de democratización do coñecemento na Costa da Morte da Universidade Sénior

O vindeiro 29 de maio terá lugar na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Coruña o acto de clausura e a entrega de diplomas ao que asistirán os máis de 60 alumnos e alumnas

Os máis de 60 alumnos e alumnas que participaron na 2ª edición Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade Sénior da Coruña recollerán o vindeiro mércores, 29 de maio, os seus diplomas. O acto de clausura e entrega de diplomas aos 66 participantes contará coa presencia da Vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez Veiga; o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, Ildefonso de la Campa Montenegro; o presidente do GDR “Costa da Morte” e Alcalde de Zas, Manuel Muiño Espasandín, e a Directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e terá lugar no Salón de Actos da ETS de Nautica (Paseo de Ronda, 51), o mércores, 29 de maio, a partir das 10:30 horas.

O acto de clausura terá a seguinte axenda:

  • 10:30 horas: Conferencia titulada “Os naufraxios na Costa da Morte” do Prof. Felipe Louzán, da ETS de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña.
  • 11:30 horas: Pausa café
  • 12:00 horas: Concerto “Conexións Vocais” a cargo de Ruppert Twine e Valentina Jelihovschi.
  • 13:00 horas: Entrega de Diplomas e Clausura

En total foron doce sesión dividas en tres módulos impartidos entre os meses de marzo e maio polo profesorado da Universidade da Coruña e a través dos cales se trataron temas como a sustentabilidade social e económica, a sustentabilidade ambiental e a saúde e o benestar. As clases desenvolvéronse no auditorio de Baio.

Este foi o segundo ano que o programa desembarco una Costa da Morte e un ano máis o proxecto tivo moi boa acollida tanto pola veciñanza do Concello de Zas como doutros municipios limítrofes. Un dato polo cal o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, manifestou a súa satisfacción. “É unha honra que a Universidade elixira unha vez máis o noso concello para descentralizar o seu programa de formación para maiores 50 anos e ver o interese da nosa veciñanza por participar en actividades deste tipo”, sinala Muíño.

A Universidade Sénior da Coruña – dirixida por Matilde García – organizou por segundo ano consecutivo este programa de formación en colaboración co GDR Costa da Morte e co apoio da Deputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.