tapons-solidarios-zas

Recollidos en só dous meses uns 600 quilos de tapóns solidarios cos que se axudará a nenos e nenas con enfermidades raras

Os dous colectores con forma de corazón instalados en Zas e en Baio están a ter moi boa aceptación ola veciñanza que se volcou de cheo nesta iniciativa solidaria e ambiental

 

Esta semana, fixemos a entrega duns 600 quilos de tapóns de plástico á asociación A.S.E.R – Ayuda e Superar Enfermedades Raras – de A Coruña. Recolléronse en só dous meses nos dous colectores con forma de corazón colocados en Zas e en Baio e nos demáis puntos de recollida instalados nos centros de ensino do noso municipio, nos Centros Socioculturais e na propia Casa do Concello. 

Segundo o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, esta cantidade de tapóns “demostra, por un lado, a solidaridade da nosa veciñanza e, por outra, o respecto polo medio que se fai con este simple xesto”. 

Agora estes tapóns trasladaranse a unha pranta de reciclaxe onde se encargarán de trituralos e de convertilos en diñeiro que a asociación A.S.E.R. entregará a aqueles nenos e nenas con doenzas raras que máis o precisen. Julio Rey, secretario desta entidade sen ánimo de lucro, destaca a gran implicación da veciñanza con esta acción solidaria así como o seu compromiso co medio.

Os colectores con forma de corazón instalaronse a finais do mes de marzo nas inmediacións do Centro Sociocultural de Zas e na Praza Jorge Mira Pérez de Baio.  

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.