PXOM do Concello de Zas

Descubre todo o que tes que saber sobre o programa: PXOM do Concello de Zas – Desenrolado polo Concello de Zas

Detalles do PXOM do Concello de Zas

O Concello de Zas foi o primeiro da Costa da Morte en contar cun Plan Xeral adaptado a normativa urbanística vixente. A aprobación definitiva do noso PXOM realizouse logo dunha intensa labor para solventar todas cuestións requiridas pola Dirección Xeral de Urbanismo.

Nestes intres temos definido cal é o nos proxecto de concello, e por eso queremos que toda a nosa xente de Zas e tamén aqueles que queiran desenrolar os seus proxectos empresariais ou de vida no noso concello, teñan coñecemento do que son as bases do noso futuro en común.

Neste apartado poñemos á súa disposición as normativas e as planimetrías resultantes deste traballo, esperando que sexan de grande utilidade, recordándolle que as portas do noso concello están sempre abertas para calquera consulta ou suxestión.

Normativa – Memorias


Normativa

  1. Normas Xerais
  2. Sistemas Xerais e Locais
  3. Normas Reguladoras de Edificación
  4. Normas Reguladoras de Uso e Hixiénico Sanitarias
  5. Normas Reguladoras de Urbanización
  6. Solo Urbano
  7. Solo de Núcleo Rural
  8. Solo Rústico
  9. Solo Urbanizable
  10. Protección do Patrimonio

Anexos á normativa

  • ANEXO I Táboa de Compatibilidade de usos en solo urbano e urbanizable
  • ANEXO II Fichas de áreas de reparto. Coeficientes de ponderación
  • ANEXO III Normativa sectorial aplicable. Afeccións e limitacións á propiedade e uso do solo.

Catálogo de patrimonio arquitectónico

Planos de Información


Núcleos Urbanos 1/2000

  • Baio
  • Zas

Planos de Ordenación


Outros programas en Urbanismo e Ordenación do Territorio

Servizos para a veciñanza do Concello de Zas

Instalacións Municipais

O Concello de Zas pon a disposición da cidadanía unha serie de instalacións modernas e ben equipadas, pensadas para promover o deporte, a cultura e a vida social. Estes espazos ofrecen servizos variados que contribúen ao benestar da veciñanza e á dinamización comunitaria.

01

Piscinas municipais (Baio e Zas)

As piscinas municipais abren durante a tempada de verán e son un dos recursos máis demandados pola veciñanza. Dispoñen de zonas adaptadas para maiores e pequenos, converténdose nun lugar ideal para refrescarse, practicar a natación ou gozar do tempo libre en familia.

02

Campos de fútbol (Baio e Zas)

Os dous campos de fútbol municipais acollen partidos oficiais, torneos locais e sesións de adestramento para clubs e escolas deportivas. Son un punto de encontro para o deporte de base e para afeccionados de todas as idades.

03

Polideportivos cubertos (Zas e Baio)

Trátase de instalacións versátiles e modernas nas que se poden practicar disciplinas deportivas como baloncesto, fútbol sala ou voleibol, ademais de acoller actividades extraescolares e eventos sociais organizados polo concello.

04

Centro sociocultural de Baio

Este centro é un espazo de dinamización cultural e educativa, dotado dunha biblioteca de acceso público, unha aula de informática e varias aulas destinadas á formación. Nel celébranse tamén obradoiros, cursos e reunións veciñais.

05

Centro sociocultural de Zas

Con biblioteca, aula de informática e servizo de cafetería, este centro convértese nun lugar de encontro para a veciñanza. A súa programación cultural e educativa fai del un espazo de referencia no municipio.

06

Tanatorio Municipal

Servicio de tanatorio do Concello de Zas que dispoñe dunha sala velatorio para servizo dos vecinos do concello. Atención 24 horas

07

Ximnasio municipal (Baio)

Situado no pavillón municipal, o ximnasio está equipado con máquinas de cardio e musculación. É o lugar perfecto para practicar exercicio de maneira regular, mellorar a saúde física e fomentar hábitos de vida saudables.

Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.