PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS

O Concello de Zas, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, vai a realizar diversas actividades formativas, destinadas a distintos colectivos

Curso de manipulación de alimentos, para a expedición ou renovación do carné de manipulador de alimentos. Realizarase o vindeiro 14 de marzo, no Centro Sociocultural de Zas. O prazo de inscrición remata o 13 de marzo.

Cursos de Lingua Galega, estes cursos serán preparatorios para as probas de obtención dos novos certificados de lingua galega (CELGA). As persoas interesadas en participar deben realizar unha preinscrición ata o 14 de marzo.

Curso de ofimática aplicado á xestión de pequenas empresas, estará destinado ó colectivo de autónomos e persoas traballadoras asalariadas, cunha duración de 50 horas, e realizarase nos meses de abril e maio. O horario poñerase en función das preferencias da maioría das persoas asistentes. O prazo de inscrición remata o 31 de marzo.

As persoas que desexen participar nestas actividades deben incribirse xunto da Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello ( Tel. 981 70 83 03).

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.